Tuesday 14 de May de 2024

Colocados carteis informativos en oito puntos sensibles do municipio para alertar contra so vertidos de obxectos domésticos


A iniciativa da Concellería de Benestar Comunitario que dirixe Emilio Pérez Outeiral, o Concello de Riveira vén de emprender unha campaña dirixida á sensibilizar á poboación sobre o uso do Punto Limpo de Riveira e a erradicación de vertidos incontrolados de obxectos domésticos.

A tal efecto, dispuxéronse un total de oito carteis noutros tantos puntos especialmente sensibles do municipio nos que se informa das prestacións que ofrece o Punto Limpo situado no polígono industrial de Xarás. Neste senso, recálcase que obxectos como lavadoras, mobles, colchóns, somieres, etc. son aptos para ser depositados nunhas instalacións cuxo horario é de luns a venres 9.30 a 13 horas e de 16 a 19 horas e os sábados de 9.30 a 13 horas. Ademais, a recollida é gratuíta chamando ao 981 871 808.

Ata 900 euros de multa
En caso de abandono de obxectos domésticos na vía pública, a sanción pode alcanzar os 900 euros de multa segundo a lei 22/2011 de residuos e solos contaminados.

Os paneis foron instalados en Xarás, Xenxides, Couso, Os Castelos, Canabeiros, Palmeira, Teira e no entorno do faro de Corrubedo. Nos próximos días colocarase algún máis.